Actualidade

O programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación conta co apoio da Xunta de Galicia


A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, apoiará a primeira edición do programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación e que se desenvolverá no curso 2019/2020 en Galicia.

O programa de formación de activistas enmárcase dentro das actividades da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia, que contan desde o ano 2008 con financiamento da Xunta de Galicia para a realización de actividades de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global desenvolvidas por ONG para o Desenvolvemento (DOG núm. 77, do 23 de abril de 2019)

A agrupación da CME en Galicia está formada polas ONGD: Axuda en Acción, Educo, Entreculturas e Taller de Solidariedade.

Máis información