Actualidade

Aínda que o mundo pare, o noso corazón activista segue a latexar


Comunicación de aprazamento do programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación

A prolongación do confinamento até finais de abril e a previsible prolongación das medidas de distanciamento social motivan que a coordinación do Programa teña tomado a decisión de aprazar as actividades formativas pendentes de realización no mes de abril.

En canto as circunstancias o permitan e estea garantida a seguridade e saúde da todos, comunicaremos cando se realizarán estas actividades formativas previa consulta aos activistas xuvenís. Xa que logo, estade atentos e atentas!

Toda crise é tamén unha oportunidade, e estamos seguros que os activistas xuvenís serán protagonistas dos cambios que o noso mundo necesita para que situacións como esta non se volvan repetir e para que ningunha persoa quede atrás. Porque a educación é a ferramenta máis poderosa para transformar o noso presente e construír un futuro en dignidade e liberdade para todas as persoas.

Mentres tanto, coidádevos e coidade moito! Saúde e ben para todos e todas!