Actualidade

A mocidade debe protagonizar a reivindicación de máis e mellor educación para todas as persoas.


O impacto negativo da pandemia na educación reforza a convicción da Campaña Mundial pola Educación de que a mocidade debe protagonizar a reivindicación de máis e mellor educación para todas as persoas.

Durante o curso 2019-2020, entre xaneiro e agosto, un grupo de trece estudantes e tres profesoras participou na primeira edición do programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación. 


O proceso de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación promovido pola CME Galicia con tres obxectivos: 

  1. Deseñar e executar accións de sensibilización e incidencia en favor do dereito á educación.
  2. Formar en traballo en equipo, oratoria, ciberactivismo e creatividade para o cambio social.
  3. Conseguir cambios positivos en favor da educación a través da organización e participación en actividades de incidencia con representantes políticos.

A través dun proceso formativo integral capacitouse e apoderouse á mocidade e profesorado participante para actuar como activistas conscientes e críticos capaces de promover e defender publicamente a causa dunha educación de calidade para todas as persoas.


A pesar da interrupción do proceso de formación por mor da declaración do estado de alarma, as e os activistas juvenís e as profesoras realizaron un diagnóstico relativo á súa experiencia como estudantes e educadoras nos seus centros educativos de secundaria e nas Universidades públicas galegas.


Este diagnóstico identificou nos meses de febreiro e marzo unha serie de problemáticas comúns previas ao impacto da pandemia. En agosto, ao reactivarse o proceso formativo, este diagnóstico actualizouse coa súa experiencia e aprendizaxes durante a suspensión da actividade educativa presencial. 


As e os activistas xuvenís xunto coas profesores puideron desenvolver: 

- Experiencia educativa antes da pandemia. 

- Experiencia educativa durante unha pandemia. 


Isto levounos a desenvolver:

As demandas para unha “educación desconfinada”