
263 millóns
de nenos e nenas menores de 15 anos de todo o mundo están sen escolarizar
Desde o ano 2000 a situación da educación no mundo mellorou, pero queda moito para conseguir unha educación de calidade, equitativa, gratuíta e universal para todas as persoas. Estas son as nosas principais tarefas:
- Sensibilizar á sociedade sobre a situación da educación no mundo
- Mobilizar á cidadanía como voceiros e activistas
- Comunicar e informar sobre o dereito á educación
- Incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos
Coñece mellor a situación do dereito á educación no mundo e como actuamos.
CampañaFórmate e actúa
Aínda quedan moitos desafíos pendentes. Unicamente conseguiremos superalos coa suma de esforzos dos gobernos, a sociedade civil, as ONG, os centros educativos, os profesionais da educación, o estudantado e todas as persoas comprometidas co dereito humano á educación.
Por este motivo, precisamos de activistas, embaixadoras e embaixadores do dereito á educación.
Campaña Mundial pola Educación ofrece en Galicia un proceso de formación de 75 horas dirixido a alumnado e profesorado de secundaria e bacharelato.
Activistas